Hoxe achego unha das miñas actividades favoritas para conmemorar o Día escolar da non violencia e da Paz.
É unha actividade moi sinxela mais arredor dela poden xerarse multitude de debates, video-forums, e outras actividades adaptadas aos distintos niveis.
Esta actividade veu a colación dunha campaña polo desarmamento nuclear que se desenvolveu internacionalmente vai uns anos con multitude de iniciativas como a de este vídeo:
Exactamente baseándonos nesta iniciativa propoñemos que o alumnado transforme as siluetas armamentísticas en deseños positivos e esperanzadores.
Os resultados son tan abraiantes como a imaxinación dos nosos alumnos e alumnas e as charlas e actividades arredor desta adoitan ser tamén moi enriquecedoras.
Os resultados son tan abraiantes como a imaxinación dos nosos alumnos e alumnas e as charlas e actividades arredor desta adoitan ser tamén moi enriquecedoras.
Pódese facer con distintas siluetas máis aquí deixo para descargar a lámina dunha silueta e tamén o cartel que empregamos para a exposición dos traballos (2 folios)
Se vos animades a facelo non dubidedes en comentalo ou ensinar resultados!
Saúdos desde a fiestra!
Ningún comentario:
Publicar un comentario