16 de abril!
Non sei como chegamos ata aquí pero de súpeto resta só un mes (e un día) para o Día das Letras Galegas, un Día das Letras que non se sabe como vai transcurrir, polo de agora con actos oficiais adiados a outubro e con voces que se erguen pedindo un 2021 para Carvalho Calero... é que... tantos anos agardando por un Día das Letras para el e agora... semella que temos outras cousas máis urxentes que atender.
O certo é que si, afirmativo, temos outras cousas máis urxentes que atender pero ben, aínda así achego a miña proposta, adaptada a tempos de confinamento.
É unha proposta pensada para 6º de primaria e secundaria (tamén para que a probedes os adultos).
O caso é que eu, en terceiro ciclo, como sabedes, adoito crear unha especie de "Break Out" ou "EscapeRoom" distinto cada ano (aquí no que liberaron o antídoto contra a desigualade o ano pasado) e este ano faría algo similar... mais as cousas mudaron pero seguindo un pouco ese espíritu e pensando en que tiveran algo semellante pero desde o fogar creei este "Break Out" dixital.
É un xogo de pistas, códigos, investigacións... como unha serie de puzzles con informacións sobre o Día das Letras e sobre Carvalho Calero para ir descubrindo e que van dando contrasinais para ir de pista en pista obtendo información.
Por suposto, eu tamén agardo e desexo estar nas aulas para o 15 de maio (o 17 é domingo) pero como todas e todos sabedes, polo xeral, o traballo para o descubrimento e coñecemento do homenaxeado adoita comezar bastante antes... así que esta foi a miña argallada para ilo facendo.
Un xogo que nos reta e pretende entreternos un anaco do día e, de camiño, descubrirnos a Ricardo Carvalho Calero e o seu enorme labor a prol da nosa lingua.
O xogo coido que funciona de xeito aceptable nos móbiles mais sempre será máis doado usalo en ordenador, é unha forma de achegar a celebración do día e tamén información sobre o homenaxeado, a súa vida e obra, aos fogares (ou aulas de informática...) Encantaríame que o probarades se vos apetece (e que participarades do "Cadavre Exquisito" final tamén...).
Déixovos co xogo, por si a alguén lle é de utilidade, como todo, podedes empregalo libremente, compartilo,...
Agardo que vos sexa de interese e/ou utilidade.
Saúdos e, sobretodo, saúde desde a fiestra!
Parabéns polo teu traballo. Encantoume! Usareino co alumnado de 3º ESO. Grazas pola xenerosidade para compartilo.
ResponderEliminarMoitas grazas polas túas palabras e por escribir! Xenial que che sirva, ponme moi contenta! Moitos folgos a ti tamén, saúdos e saúde!
EliminarParabéns! Realizaches un traballo boísimo. Vouno empregar co alumnado de 1º e 2º ESO. Quero amosarche o meu agradecemento por compartilo. Grazas a aulasgalegas por fornecernos de tantas ideas e achegarnos traballos tan interesantes coma o teu. Grazas.
ResponderEliminarMoitísimas grazas por escribir! Alégrame moito que sexa de utilidade, que ben! Envío moitos folgos e grazas de novo! Aperta
EliminarObrigadísima poolo teu traballo tan xeneroso. Puxen para o alumnado de 2º bac e, por primeira vez neste confinamento, déronme o seu feedback, de maneira totalmente espontánea. Todas e todos para dizer que lhes encantara e que queriam máis xogos detes.
ResponderEliminarÉ bom saber que hai persoas tan xenerosas e competentes coma ti. Parabéns!!
Como me alegra que fora de utilidade! Grazas por propoñelo, a eles/as por animarse e tamén moitísimas grazas por transmitir as impresión que recolliches do teu alumnado, de verdade!
EliminarParabéns polo excelente traballo e moitísimas grazas por compartilo. É xenial!
ResponderEliminarGrazas por escribir! Alégrame moito que che gustara!
EliminarTeño que felicitarte polo xogo, está xenial. Son profe de secundaria e xusto o descubrín onte, polo que xa vai como tarefa para a vindeira semana! Este tipo de cousas son xeniais para motivalos e recoñezo que eu non sabería nin por onde comezar para facer algo así!
ResponderEliminarTodo é poñerse... moitísimas grazas por escribir e polas túas palabras, alégrame moito se é de utilidade!
ResponderEliminarOla Patricia!!
ResponderEliminarQuero agradecerche inmensamente a túa xenerosidade!! Esta semana as miñas alumnas de secundaria do IES DE MOS están desfrutando co teu xogo, un éxito!! Obrigada por compartires a túa sabedoría, a túa creatividade e a o teu traballo!
Síntome en débeda, con que podo contribuír?
Un bico ghrande!
iria
Ola! Moitísimas grazas alégrame tanto que vos servira a tí e ás alumnas...de verdade! Eu feliz! Aquí non hai débeda algunha, partillar é vivir! Apertas e grazaaas! :)
Eliminar