Ola!
Tras este parón das vacacións invernais estamos de volta cargados de enerxía e ideas e agardo que vos tamén! Bó aninovo a todos e todas!
Para abrir boca traio un recurso cooperativo, motivador e creativo ideal para a área de lingua estranxeira (aínda que pode adaptarse ás ciencias sociais, língua...)
É un pequeno proxecto pensado para realizar en equipos. Neste proxecto o alumnado crea a súa propia axencia de viaxes (co imprescindíbel nome e logo, por suposto!). Coa súa axencia deberán crear unha oferta de viaxe a unha cidade (neste caso de fala inglesa) para unha familia.
Deberán buscar aloxamento, itinerario de visita, restaurantes, museos e eventos culturais da cidade e crear o seu tríptico informativo.
Todo isto parece complicado pero fixen unha Web para o proxecto que vainos guiar e bótanos unha man dividindo e xestionando o traballo paso a paso. Incluso pode axudarnos dividindo as tarefas entre "expertos" dentro dos equipos no canto de intentar facer todos todas as seccións.
(Fai clic na imaxe para acceder á web!)
Ao final deberán presentar a súa oferta de viaxe ao resto da clase e poderemos elexir os nosos destinos favoritos!
Este proxecto traballeino con grupos de 5º e de 6º con resultados e aprendizaxes espectaculares así que anímovos moitísimo a empregalo, modificalo e enriquecelo coas vósas ideas e contextos persoais.
Un saúdo desde a fiestra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario