Nestas alturas de calendario a maior parte de programacións de lingua estranxeira inclúen os termos relacionados con deportes, actividades de tempo libre, xogos de exterior, etc. E, por tanto, esta tarefa vennos perfecta.
Neste caso o alumnado deberá traballar de xeito cooperativo para crear a súa axencia de tempo libre seguindo os sinxelos pasos e materiais que proporcionamos na web.
No inicio elixirán o seu nome e logo. Enquisarán aos seus compañeiros e compañeiras coa fin de coñecer as súas actividades favoritas, (Deportes? Cales? Pintura? Música? Ciencia? Tamén engadirán aportacións imaxinando actividades que cren que triunfarían entre os seus compañeiros/as.
Nunha segunda parte elaborarán o horario das distintas actividades da súa axencia seguindo os criterios que eles/as crean e facendo un documento atractivo.
Na parte final crearán un tríptico ou cartaz que anuncie a súa axencia, co nome, o logo, as actividades que ofertan, modos de contacto e mensaxes atractivas ou ofertas. Tamén planearán como van presentar o seu traballo ao resto da clase.
É importante que o conxunto da tarefa está dividida nos distintos pasos e cada paso remata cun pequeno obxectivo logrado (na primeira deben cubrir un documento e entregalo, na segunda entregar o horario e a enquisa sobre como traballou o equipo, e na terceira o triptico e plan de presentación). Non é unha tarefa especialmente aberta pero esto fai que sexa moi sinxela de plantexar sobretodo naqueles grupos que non están acostumados a este tipo de traballos colaborativos.
Tamén destaca o apartado de avaliación no que hai: Unha rúbrica para que poidan ter presentes aspectos sobre os que serán avaliados, un lámina que poden empregar durante as presentacións dos seus compañeiros para avalialos e outra individual que inclúe preguntas de autoavaliación e opinións sobre a actividade así como un valor sociométrico. (Tedes todas estas fichas para descaragar desde a propia web da tarefa)
Recomendo tarefas coma esta sobretodo para aqueles que desexan iniciar tarefas máis participativas e contextualizadas na área de lingua estranxeira e non facer tantas actividades e exercicios illados pero sen ter que embarcarse en proxectos dun recorrido moi longo.
Saúdos desde a fiestra.
Recomendo tarefas coma esta sobretodo para aqueles que desexan iniciar tarefas máis participativas e contextualizadas na área de lingua estranxeira e non facer tantas actividades e exercicios illados pero sen ter que embarcarse en proxectos dun recorrido moi longo.
Saúdos desde a fiestra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario