Vai un tempo publicaba esta entrada cun pequeno proxecto para 5º e 6º sobre o tema dos refuxiados que me deu moi bos resultados e foi unha moi grata experiencia de traballo.
Aínda así, andiven na procura desesperada doutras experiencias, ideas, recursos, etc. sobretodo para niveis máis baixos (A partir de 5º e 6º a verdade é que hai máis material que se adapta a eles, traballo con películas, organizacións, etc.). Grazas á rede e a algúns contribuíntes logrei descubrir algo máis de material accesible e algunha idea para así misturalo todo coas miñas ideas e o que eu buscaba para o meu grupo para xerar un proxecto funcional para 1º e 2º (apto tamén para adaptarse a 3º e 4º).
(Fai clic na imaxe para acceder á web do proxecto)
O certo é que ás veces non son temas sinxelos de traballar cos niveis máis baixos pero co recurso axeitado e unha forma de desenvolvelo adaptada o resultado é moi, moi bó.
O proxecto comeza e pivota sobre un eixo central, o conto "La pequeña Carlota". Atopeino na web da fundación ACNUR e está dispoñible, de xeito gratuíto, en vídeo, en .pdf e tamén cunha guía e material de apoio ao profesorado. Este conto ten unha delicada e orixinal forma de narrar a viaxe dunha nena refuxiada e foi o punto clave para o desenrolo do proxecto.
Nesta web, tedes detallados todos os pasos que seguimos no proxecto, os exercicios, cartaces, debates, etc. que desenvolvimos.
Partindo do conto, traballamos sobre os sentimentos da protagonista, as necesidades básicas, etc. tamén traballamos cunha historia fotográfica que ampliou e deu máis realismo ás vivencias de Carlota; cunha dinámica de grupo nos fixemos "Señores/as Bo Refuxio" e fixemos gala da hospitalidade, solidariedade, etc.
Tamén aportamos luz e positividade ao asunto vendo coma distintas organizacións, concellos e colectivos se solidarizan e organizan para axudar aos refuxiados/as e tomamos outra perspectiva transformando con creatividade misiles en cousas positivas.
Coma punto tamén importante fixemos un repaso e traballo sobre a carta dos Dereitos Humanos, reflexionando sobre cales están sendo vulnerados.
Para rematar escribindo en grupo a carta que lle mandariamos ao actual presidente das Nacións Unidas (que sabemos?, que pensamos?, que se vulnera?, que pedimos?, como apelamos?...)
Todo isto tédelo máis detallado, explicado e con todo o material para descargar na web do proxecto así que vos animo a visitala.
Estando xa inmersos neste proxecto enterámonos dunha iniciativa que naceu en Castela e León e se foi estendendo por todos os centros do territorio, tratáse da interpretación dunha coñecida canción ("Como te atreves a volver") á que unha rapaza de 6º lle adaptou a letra, aquí e aquí (ou en moitas outras webs, blogs e en redes sociais se buscades #CyLcantaPorSiria, #EspanaCantaPorSiria, etc.) tedes información e material para traballar dita canción se gostades de facelo coma colofón ao proxecto ou a algún outro tipo de traballo sobre o tema que lles dea unha visión do caso e reflexión antes da canción.
ACTUALIZACIÓN: A iniciativa da canción continúa difundíndose sen descanso polos coles e xa temos a versión en galego. Así que púxenme mans á obra e fixen o video karaoke da mesma. Podedes decargalo libremente AQUÍ!
ACTUALIZACIÓN: A iniciativa da canción continúa difundíndose sen descanso polos coles e xa temos a versión en galego. Así que púxenme mans á obra e fixen o video karaoke da mesma. Podedes decargalo libremente AQUÍ!
Agardo que vos sexa de interese, inspiración e/ou utilidade o proxecto que no meu grupo está funcionando moi ben e no que os rapaces/as están moi implicados/as e co que estamos aprendendo un montón de cousas sorprendentes.
Podedes pasar tamén por esta outra entrada na que propuxen outro distinto para 5º e 6º sobre o mesmo tema.
Saúdos desde a fiestra