Boas!Aquí veño co meu último descubrimento en materia de Apps (outra que me fascinou pola súa incrible funcionalidade está nesta entrada),
se visitáchedes este blogue antes podedes saber que gosto moitísimo
de traballar a expresión escrita e oral a través de propostas
visuais como as que tedes nesta
entrada , nesta
outra e nesta
tamén para descargar. Así que andaba na procura
dunha App que
me permitira crear as propostas e ao alumnado acceder desde algún
iPad do centro, escribir ou gravar as súas voces, gardar,
compartir... si, pedía demaisado pero... atopeino!!
(para dispositivos iOS
e Android!)
A
app en cuestión chámase Write
About This e si... está en inglés mais ao permitir
crear as nosas propias propostas, todo solucionado!
Á
primeira ollada xa caín rendida aos seus
pés, sinxela, intuitiva, bonita, cun
montón de propostas xa precargadas e creadas
por docentes (para os profes de inglés xa un
puntazo!), adaptable (o/a profe pode activar ou
desactivar as opcións de responder con gravacións, ou pedir que despois de escribir graven lendo o escrito...) e
as respostas escríbense e grávanse na propia app coa
posibilidade de gardalo nos perfís (podemos crear
un perfil para cada alumno/a) compartilo, gardalo en
galería (para subilo despois a un blogue, por exemplo) etc.
Non
é perfecta, por exemplo boto en falta, na creación
de propostas, que permita engadir unha lapela como de "instruccións"
ou "pistas" ou "axuda" na que poidamos incluír
palabras que poidan empregar, ou o inicio dunha frase de axuda, ou
explicacións para gravar xa que a interfaz está en inglés, ou
recordatorios de normas de puntuación, etc.
Ademáis...
eu descarguei, ao comezo, a versión gratuíta e esta só
permite crear unha proposta feita por nós, é dicir, habería que
crear unha, e o día que todos a tiveran feito e gardado borrar e
crear outra, ou ter distintas propostas en distintos iPads e que
vaian rotando, tamén teremos que gardar todas no memso perfil...
O
certo é que a versión completa non chega
aos 4 euros, así que ao final pareceume unha boa inversión (tendo en conta
outras apps similares que teño empregado).
Sen
dúbida podemos comezar coa versión gratuíta para probar o seu
funcionamiento na aula e despois valorar a merca da app.
De
tódolos xeitos, se alguén coñece algunha app que cumpla con estas
funcións estaría encantada de sabelo para probar
outras, xa que polo de agora esta foi, por moito, a mellor deste
tipo.
Na
web da app hai
un montón de información, ideas por niveis, unidades o leccións
feitas por profes e unha comunidade bastante activa así que nunca
está de máis botar un ollo.
Veñen
de lanzar tamén unha versión só para expresión oral, "Tell about this" máis
enfocada a infantil e primeiros anos sinxela, sin distraccións, só unha proposta visual, e botón para gravar
as ideas dos rapaces. Gustoume moito!
Creo que o que escribín xa desprende que gostei moito deste descubrimento, que pensei que non atoparía, véxolle moito potencial para empregalo de distintos xeitos tanto a nivel de propostas coma de metodoloxía así que se vos coñecedes máis opcións de apps similares estaría encantada de saber delas!!
Se queredes botar unha ollada, nesta outa entrada falei da app Plickers, comentando como funcionaba e ideas para empregala porque sendo outro tipo de app completamente distinto tamén é unha das que seguen a estar no meu "top 5" de aplicacións para empregar na aula.
Saúdos desde a fiestra!
Ningún comentario:
Publicar un comentario