Chega agosto e pouco a pouco vai voltando a actividade...
Para ir abrindo boca ao novo curso traio algunhas ideas arredor da novela Wonder, é que tiña xa moitas ganas de falar dela polo blogue.
Wonder é un libro (e unha colección) protagonizada por August Pullman, e o certo é que é moi difícil que, se cae nas mans dun docente, este poida resistirse a levalo ás aulas porque é unha marabilla, é coma se todos/as pensáramos "esto é preciso que o lean os rapaces/zas" e, de feito,o movemento xerado por este libro en aulas de todo o mundo é enorme.
O caso é que Auggie é un rapaz de 5º de primaria, ten 10 anos e o síndrome de Treacher Collins, un trastorno xenético caracterizado por malformacións craneofaciais.
No libro "Wonder, La lección de August" [CAST] é el mesmo quen nos conta as experiencias, sensacións frustracións e superacións que vive cando por fin asiste ao cole e tamén distintos personaxes contan a historia desde o seu propio punto de vista.
Aquí traio un material de libre descarga que preparei, neste caso, para empregar cando todo o grupo le a novela ou nun clube de lectura... e está dividido en 4 partes.
Coido que si botades unha ollada ao material entenderedes mellor todo isto.
O certo é que o libro parece perfecto para os rapaces da mesma idade de August pero tamén é moi sinxelo de ler e cada parte está dividida en mini capítulos de apenas unha páxina; xenial para traballar a distintos niveis, en distintos momentos e de distintas formas xa que se adapta desde tempos moi curtos de lectura compartida e traballo a procesos máis longos, así que se aínda non lle botaches unha lectura, anímote a que o fagas.
- A primeira sección do material son preguntas (abertas e pechadas) sobre cada parte do libro para promover o debate, a comprensión e a reflexión.Pódense ir facendo todas, só algunhas, unhas en conxunto e outras de xeito individual...
- A segunda son unhas tarxetas de propostas de escritura breve (un ou dous parágrafos) relativas ao libro e esixen un pouco máis de reflexión e elaboración que as preguntas iniciais.
- A terceira parte son unha serie de actividades propostas que abranguen distintos estilos (cómic, crítica literaria, poesía, arte...)
- E a cuarta é para a realización dunha tarefa en equipo, neste caso unha campaña fotográfica, inclúe as indicacións, pasos, ficha de idea e boceto do grupo e tamén a rúbrica para que a poidan ter presente en todo o proceso.
Coido que si botades unha ollada ao material entenderedes mellor todo isto.
O certo é que o libro parece perfecto para os rapaces da mesma idade de August pero tamén é moi sinxelo de ler e cada parte está dividida en mini capítulos de apenas unha páxina; xenial para traballar a distintos niveis, en distintos momentos e de distintas formas xa que se adapta desde tempos moi curtos de lectura compartida e traballo a procesos máis longos, así que se aínda non lle botaches unha lectura, anímote a que o fagas.
Por certo, uns apuntes finais; aínda que este material está en galego, de momento, a novela non está traducida e a lectura facémola en castelán e outra cousa interesante é que se fixo unha peli baseada no libro que pode ser un bo recurso para culminar todo o traballo sobre o mesmo!
Pouco a pouco volto á fiestra con máis cousiñas, agardo que esteades a disfrutar do verán!
Saúdos desde a fiestra!
Encántame o teu traballo. Mil grazas por compartilo. Parabéns polo blog.
ResponderEliminarMoitas grazas, de verdade, síntese moi ben se a alguén lle é de utilidade!
EliminarGrazas por escribir! :)
:) Agradezo moito o comentario! Saúdos!
ResponderEliminar