Ronsel é un tema tradicinal que Luar na Lubre ten no seu disco Plenilunio (1997) e está inspirado no "ronsel", a estela que as embarcacións deixan nas augas. (O pedazo que aquí se presenta está interpretado por Lume)
O caso é que aquí ven un video-ritmograma para os tempos que corren, adaptado ao fogar; perdemos a posibilidade da combinación de voces, a sensación de grupo e a coordinación entre nós pero non o ritmo.
Solicítase que o alumnado se faga cun garfo e unha culler de madeira, poden facelos sonar nunha mesa ou o garfo, por exemplo, con coidado nun vaso.
O primeiro paso será escoitar a obra sen facer nada, mirando o ritmograma para ir collendo o pulso.
Despois con palmas, tanto nos garfos coma nas culleres ou combinacións (e con "shh" nos silencios)
No terceiro e cuarto pasos farán primeiro só cun dos elementos, por exemplo o garfo, e despois co outro para despois, no quinto, tratar de facer a obra enteira, aquí pídese que paren o video cada vez que unha sección non sae para practicar sen música ata que saia enteira de corrido.
A opción final é mellorar ese ritmo se xa o teñen perfecto, poden subdividir partes, engadir outros lugares nos que percutir ou sacar outro son dos obxectos, mesmo escoller outros ou empregar percusión corporal.
O caso é unha actividade musical para primeiros niveis que pode ser tamén compartida coa familia e que, visto o gran resultado dos video-ritmogramas na escola, de seguro ten resultado nos fogares.
Aquí queda por si é de interese ou utilidade, agardo que esteades todos xenial, moito ánimo!
e saúdos desde a fiestra!
Unha actividade que demostra o desexo de chegar ata onde se poida con recursos tecnolóxicos. Hei de felicitar a mestra por ter tal fiestra aberta. Que siga entrando o sol e saíndo sons para manter o ritmo e afianzarse nel.
ResponderEliminarMoitísimas grazas polas túas palabras! Pois si, que entre o sol... Saúdos e saúde! :)
Eliminar