Aquí estamos,
Sen dúbida achégase o curso máis confuso ao que me enfrontei nunca (e mira que ao que rematou chegoulle!); a crise da Covid19 veu para remexelo todo a todos os niveis e a incertidume é inmensa, por máis "protocolos" que publican, as inquedanzas permanecen e sinto que imos cara unha marusía que non sei como navegaremos só que procuraremos non afundir mentres loitamos nas ondas por ter un ensino de calidade e seguro para todos/as.
No medio desta marexada eu tamén procuro áncoras; non podo evitar pensar, programar, "argallar" aínda que as múltiples variables que andan en xogo deixen todo con centos de fíos soltos (se se pode así, ou quizás mellor facelo deste outro xeito, ou se non...) e unha das áncoras foi facer a miña axenda deste curso, non está claro o que levará dentro pero o curso sucederá así que aferreime a unha das poucas certidumes (supoño).
Como sabedes doutros anos a miña axenda é moooi simple porque ao final, é o que uso eu, non son de levar grandes libros de avaliacións e demáis e incluso imprimo por trimestres... (tedes máis info sobre como me organizo nas entradas doutros anos).
Neste caso ten as capas, folla de datos, calendario escolar, horarios (algunha folla extra), portadas para cada trimestre e, diante de cada mes o calendario mensual (ademáis das follas da planificación de actividades (semana vista), claro) este ano procurei inclúir tamén no planificador e nos calendarios datas sinaladas (semana da prensa, día da muller, das Letras, etc.) así como uns sutís puntiños coma fondo de páxina que sirven de guía.
Ademáis tedes aquí outro arquivo con algunhas outras páxinas: portadas para claustros, Consello Escolar, cursos/grupos/PFPP..., a nosa biblio e ideas; tamén a páxina de "Parabéns para tí" e ademáis unhas pequenas fichiñas ou etiquetas para empregar como marcadores: dos meses do curso e de seccións (tamén follas adicionais e unha portada alternativa).
A axenda ten cor pero coido que está tratada dun xeito que se se imprime en escala de grises o resultado non ten porque ser malo, e eu, por exemplo, imprimín as capas (coa portada alternativa) en folios de cor, ben, neste caso nos folios reciclados dos "antigos" esos que tiñan esa tonalidade entre marrón e grisáceo...
Chegará o novo curso e vai facer falta máis que ilusión e profesionalidade, chegará, sen dúbida, entre importantes medidas porque é como ten que ser, ademáis, para min, estas medidas esixen tamén máis investimento e persoal nos centros para minimizar os riscos e á vez procurar unha calidade educativa a todos os niveis; os equipos docentes non somos avaliadores de riscos sanitarios, nin médicos, nin arquitectos, nin... e coido que non podemos asumir tooodo ese tipo de responsabilidades sen axuda, pero isto é outra historia que da para moito... voltaremos ás aulas con ideas e forza, eu devezo porque chegue ese momento e ogallá sexa nunhas condicións seguras para todos/as e con recursos para continuar desenvolvendo experiencias educativas enriquecedoras, diversas, adaptables, participativas, etc. (non podemos dar pasos atrás na calidade...) o escenario non é cómodo e a lectura dos protocolos produce calafríos nalgúns puntos pero, como sexa, a vontade e a ilusión de cada curso están presentes e esas, poden ser outra áncora e outro faro.
Aquí queda a miña axenda, por se é de utilidade para alguén, non hai máis que descargar e imprimir (pódese descargar directamente desde os "slideshares" de arriba (aquí a axenda e aquí as páxinas adicionais) e quedan os arquivos tamén neste cartafol, se hai problemas sabedes que podedes contactar e mándovos os arquivos por mail) mentres, eu sigo procurando áncoras, faros e aparellos cos que navegar o curso que está por vir e mándovos moita sorte e folgos así como agardo tamén que desfrutedes na medida do posible das vacacións porque o certo é que, sen dúbida, van máis que gañadas.
Saúdos e saúde desde a fiestra!
Gústame! Graciñas por compartir.
ResponderEliminarAlegrame moito! Grazas por escribir! :)
EliminarMoitas grazas!
ResponderEliminarSinxela e moi útil para termos todo baixo control.
Grazaaas!
EliminarMoitas grazas por compartir o teu traballo!
ResponderEliminarCompartir é vivir! Grazas! :)
EliminarMoitas grazas!
ResponderEliminar:) grazas por escribir!
EliminarMoitas grazas por compartir o teu traballo.Bo curso
ResponderEliminarMoi bo curso a ti tamén, grazas!
EliminarMoitas grazas
ResponderEliminar:)
EliminarMil grazas polo traballo e por partillar.
ResponderEliminarGraaazas
EliminarNoraboa, estupendo resultado. Graciñas por compartila. Desexando tela entre as mans
ResponderEliminarAlégrame que sexa útil, grazas!
EliminarÉ preciosa e ben pensada. Grazas por partillar.
ResponderEliminar:) moitas grazas!
EliminarMoitas gracias! É moi bonita e funcional, perfecta para o que nos ven este curso
ResponderEliminarGrazas! veremos que ven, igual fan falta tres axendas x_D. Saúdos :)
EliminarParabéns por tanto e tan bo traballo, moitas grazas por compartir, en Aulas Galegas tamén estamos preparando unha para setembro e doume conta do moitísimo traballo que ten detrás. Saúdos.
ResponderEliminarMoitas grazas! Non son experta nin nada que se lle achegue... pero se precisades colaboración para sacala adiante contactade! (estou no "ghuasá" de AG de música.) e grazas polas túas palabras! :)
EliminarGrazas polo teu ofrecemento.
EliminarMoitísimas grazas, paréceme xenial... Vaime ser moi útil. Grazas por compartila.
ResponderEliminarGrazas! Alégrame moito que sirva!! :)
EliminarGrazas mil
ResponderEliminar:)
Eliminarencántame!!
ResponderEliminarunha preguntiña, bueno, máis ben dúas...jejje. Como o encuadernaches? e como fas para que che queden os marcadores por fora?? graciñas
ResponderEliminarPerdon! Non sei como non vin estos comentarios ata hoxe, chegarei tarde pero por se as moscas eu cóntoche...
Eliminareu imprimin en folio e emprego unha libreta da marca Filofax reutilizable ten o seu perforador e ensártase ou quítase do caderno..., pero outros anos encuadernei con "canutillo" normal; para os marcadores emprego follas das de separar nas que coloco a "etiqueta"... tamén venden outros tipo pegatina pequena que aguantan moi ben. E grazas por escribir! :)
Chulisima!!Gracias por compartir!!
ResponderEliminar:) grazas!
EliminarMoitísimas grazas.
ResponderEliminar:) alégrame que sirva!
EliminarÉ lindísima! Que ben que a compartas!
ResponderEliminarGrazas!! Eu leda se é útil!
Eliminar¡É chulísima! Moitísimas grazas
ResponderEliminar:) Grazas!
EliminarAcaban de mandarme o enlace da túa páxina e teño que felicitarte por todo o traballo que realizas. Ademáis quero darche as grazas por compartir. A miña dúbida é como a encadernas a axenda?
ResponderEliminarUnha vez máis...GRACIÑAS!!!
+1! En que tamaño imprimes, a4 ou a5?
EliminarGrazas!!
Boas!! Perdoade! Aquí estou, chego tarde pero queda resolto para outra... eu empreguei unha libreta reutilizable da marca Filofax (imprimes e perforas co seu trebello e as páxinas se poden quitar e poñer...(téñolle unha funda para a portada) pero outros anos puxen un "canutillo" normal sen mais...
Eliminar(E grazas por esas palabras! de verdade!)
Ah, en A4!
Eliminar