Xa estamos aquí, a piques de entrar en agosto, e chega a axenda docente...
Lembro que o curso pasado escribía sobre que facer a axenda era un xeito de atopar áncora nun curso que se viña plagado de incertezas porque... vaia marexadas levamos desde aquel 13 de marzo, a verdade.
Semella que á "normalidade" aínda lle vai faltar un pouco para chegar ás escolas e imos ter que seguir navegando entre ondas e remuíños (se cadra sempre o fixemos) así que haberá que agarrar os aparellos e botarse ao mar.
Deste xeito chega a miña nova axenda, sendo áncora e faro para min... como sabedes doutros anos é unha axenda/planificador moooi sinxela, mais é o que teño comprobado que funciona para min... (se buscades por "axenda" tedes algunhas entradas sobre como me fun organizando varios anos)
A axenda ten as capas, folla de datos, calendario escolar e parte para os horarios e despois follas para dividir os trimestres (poderíades movelas de sitio se fora preciso) un calendario de cada mes ao principio do mesmo con algunhas datas sinaladas e as follas da programación (semana vista)na que tamén se sinalan algunhas datas de interese. É dicir, o formato xeral é coma o dos outros anos e tamén repito o de incluír uns sutís puntiños de fondo que sirven de guía na escritura xa que estiven cómoda con eles...
Ademáis, deixo un arquivo máis que contén: dous modelos de follas de táboa (tipo avaliación/faltas/retos...), un modelo de folla para os aniversarios e portadas simples doutras seccións/cadernos (claustros, cursos, ideas, reunións con familias, biblio...)
Non é unha axenda moi extensa nin con moita historia pero é o que me funciona a min (de feito eu imprimo por trimestres...) pero se a alguén lle é de utilidade aquí está para que a poidades descargar, podedes facelo no arquivo deslizable de arriba mais deixo tres ligazóns alternativas e xa sabedes que podedes contactarme (aquí, no instagram ou onde sexa) e non teño problema en mandala por mail:
LIGAZON WEB DESCARGA DIRECTA ARQUIVOS
LIGAZÓN SLIDESHARE FOLLAS ADICIONAIS
(Teño a sensación de que slideshare está reducindo moito a calidade do arquivo, polo menos eu véxoo peor aí así que recomendo calquera das outras alternativas, se cadra a web da "descarga directa" é o máis sinxelo...)
Sen máis, aquí quedan os arquivos por se a alguén lle son de utilidade, imprimir e listo!
Agardo que esteades ben e tendo un bo verán e que collades moitos folgos para o vindeiro curso e mándovos tamén...
Saúdos e saúde desde a fiestra!
QUE BO TRABALLO! AGRADÉZOCHE UN MONTÓN QUE O COMPARTAS! DANDO EXEMPLO NESTA PROFESIÓN TAN BONITA! GRAZAS DE VERDADE.
ResponderEliminar<3 Moitas grazas! compartir é vivir :) hahah
EliminarMoitas gracias
ResponderEliminar<3
EliminarUnha axenda preciosa e moi ben deseñada. Noraboa e moitas gracias por compartila de balde.
ResponderEliminarMoitas grazas por escribir, alégrame se lle sirve a máis xente :)
EliminarGustoume moito a axenda. Moitas grazas por compartila.
ResponderEliminarGrazas! Eu feliz!
EliminarEncantoume a axenda.Moitas grazas por compartila.
ResponderEliminarAlégrame moito!! Grazas! 💙
EliminarEstá xenial. Eu xa empreguei a do ano pasado que me falaron dela e é un traballo impresionante. Estaba desexando que sacaras a deste ano. Moitas grazas por compartila.
ResponderEliminarMoitas Grazas! 🤍 🥰
ResponderEliminarMoitísimas grazas por compartir! Un traballazo!
ResponderEliminarGrazas a ti por escribir! :)
EliminarMoitísimas gracias por compartir. Eu sempre emprego a túa axenda, resúltame moi útil e as cores e estética encántanme, así que graciñas!
ResponderEliminarQuería preguntar porque estou interesada, en saber se poderías dicirnos ou ensinarnos exactamente como é (ou de seguilo habendo, para podelo adquirir) o caderno Filofax reutilizable. Pois todos os anos encaderno, e é unha mágoa porque entendo que con iso podería engadir durante o curso, follas ou apartados novos, non si?
Agradecida e noraboa polo teu traballo
Grazas polas túas palabras! Si, mira eu teño un parecido a este: shorturl.at/vDTZ9 un filofax A4 que viña con follas de quita e pon...e teño o perforador de Filofax tamén... (colle unhas 3 follas ao así por vez, polo menos o meu) (por fora puxen un forro de libro porque quero que teña a portada tamén fora hah) a ver, eu encanutillei moitos anos pero levo xa varios con este, tendo en conta que eu imprimo de trimestre en trimestre (non levo aí xa todo o curso) vaime ben e sí, meto e quito follas, engado cousas/papeis de reunións...funcioname ben pero supoño que se metes todo o curso e os engadidos é demasiado estreito... (non sei se filofax ten de máis capacidade...seguramente si e tamén hai máis marcas con sistemas destes de "auto-encadernado" como Happy Planner ou así, pero as arandelas soltas non me convencían...) Se che serviu de algo aquí queda a info, calquera cousa pregunta! e grazas!
EliminarMoitas grazas, o teu traballo é toda unha referencia. Parabéns!
ResponderEliminarJo! Grazas polo que escribes! Aperta! :)
Eliminar