Boas!
Xa chegou!, xa estamos aquí...
Un ano máis deixo a miña axenda por se a alguén lle é de uitlidade, como digo sempre é un caderno moi sinxelo, o xusto para o que eu emprego, nin máis nin menos... eu avalío, anoto, etc. en dixital (no iDoceo) mais non logro renunciar a empregar a miña axenda diaria en papel... costume, supoño.
Se alguén quere os documentos só ten que facer clic e poderá descargar os arquivos listos para imprimir a dobre cara.
Hai un arquivo coa axenda en vertical na cal unha semana vai en dúas páxinas (é a que emprego eu) e outro formato máis compacto no cal a axenda ten un formato apaisado de xeito que cada semana completa sae nunha única páxina.
Actualización: Houbo algunhas persoas (catro, non pensedes) que preguntaron pola axenda interactiva que fixera o ano pasado... e velaí vai, adaptei de novo a axenda para que se poda empregar nos dispositivos (por exemplo con GoodNotes no iPad) e coido que quedou ademáis máis manexable que a do ano pasado!
Moitísimas grazas. O ano pasado foime moi útil. É un grandísimo traballo.
ResponderEliminarAlégrame moito que servira! Moitas grazas polas túas palabras! :)
EliminarMoitas grazas polo teu traballo altruista. Nos 4 anos que levo en Primaria, a túa axenda forma parte do meu día a día. Grazas por adicarlle tempo das túas vacacións e compartila con tantas persoas anónimas que de seguro estarán tan agradecidas coma min. Precioso traballo, digno dunha profesional.
ResponderEliminarCarai, moitas grazas polo que escribes, de verdade! :) e alégrame moito se é de utilidade. Apertas!
EliminarMoitísimas grazas pola axenda, encántame, coma sempre un traballo inmenso e por riba é preciosa! Unha aperta agradecida!!
ResponderEliminarGrazas por escribir! Que ben que che guste!
EliminarMillóns de grazas por este traballo, sempre descargo as tras axendas, son bonitas e moi, moi útiles. Saúdos e grazas polo agasallo.
ResponderEliminarGrazas por escribir! :)
Eliminarmoitas gracias por compartir, encántame :)
ResponderEliminarGrazas!
EliminarMoitísimas grazas por compartir as túas creacións ano a ano. A axenda é fantástica, moi útil e os deseños marabillosos. Un saudiño
ResponderEliminarGrazas por compartir, lévoa empregando varios anos. O ano pasado usei a versión interactiva para o ipad. Ten todo o que se precisa. Mil graciñas por seguir facendo nela e permitir a outros docentes que a empreguemos no noso día a día.
ResponderEliminarOla! Moitas grazas por escribir, (veño de engadir a interactiva este ano tamén xa que algunha xente preguntara!) Apertas
EliminarMoitas grazas. É preciosa e moi útil. Incrible traballo. Grazas por partillalo connosco.
ResponderEliminarGrazas!
ResponderEliminarAi, Patricia, non sabes ata,que punto che agradezo a interactiva... xa a usei o ano pasado e foi un descubrimento. Xa tiña descargada a outra pero vou volver descargar esta. Moitas, moitas grazas
ResponderEliminarMuchísimas gracias por compartir. Es un material espectacular. Enhorabuena!!!!
ResponderEliminarMoitísimas grazas, un traballo precioso, e moi xeneroso pola túa parte compartila. Mil grazas!
ResponderEliminarMoitísimas grazas pola túa xenerosidade Patricia. Excelente traballo! Que teñas moi bó curso 23/24, Unha aperta
ResponderEliminarBoas tardes, moitísimas grazas por compartir a túa axenda. Está xenial o teu traballo. Bo curso.
ResponderEliminarFantàstico traballo .Moitos parabèns por todo o teu esforzo.Mil grazas.
ResponderEliminarMoitísimas gracias, Patricia. A túa axenda é un traballo marabilloso que nos axuda a moitas. Ademais es moi xenerosa ao partillar co claustro virtual. Mil grazas
ResponderEliminarMoitas grazas polo teu traballo. O resultado é fermosísimo.
ResponderEliminarDiolopaghe!... pero como iso non adoita acontecer, suxíroche que instales unha "pasarela de pagamento" para doazóns. Eu pagaría de bo gusto :-)
ResponderEliminarMoi boas! O ano pasado descubrin a axenda e foi moi útil. Este ano haberá unha actualización para o curso 24/25? Moitas grazas!
ResponderEliminarAcabo de ver esto, si... moi pronto! :)
EliminarDesexando dispor dela!. O teu traballo é marabilloso e, cada ano, aínda é mellor e te superas!
EliminarUn millón de grazas por tanto! Saúde e vida, Patricia!