Quedan aquí algúns xogos e materiais de Samaín que se suman a outros dos anos anteriores...
Se facedes CLIC aí ou na seguinte imaxe podedes descargar o PDF interactivo no que cada botón da esquerda do epígrafe vos leva directamente ao arquivo correspondente para descargar e empregar.
Van uns exemplos do que atopar:
Xogo "Onde vive quen", un sinxelo xogo de conversas con final aberto no que 8 personaxes (ánima, compaña, calvaquiño...) buscan o lugar idóneo onde vivir (cova, casa encantada, hórreo perdido...) as curtas descricións e a comunicación faran que tratemos de axudalos (instrucións no arquivo)
Atopa o argumento para a túa historia: Unha sinxela plantilla na que empregando a inicial, día e mes de nacemento podemos atopar unha idea da que xurda unha fantástica historia de Samaín.
Tarxetas de Samaín do "SpeedCups", ou "Vasos a todo filispín": é un pack de tarxetas do xogo de apilar vasos segundo a cor.
Novo "conto máxico" "A luz misteriosa": O dos contos máxicos estase a converter nunha auto-tradición curiosa e xa van un montón deles... están polo Instagram compilados nese Genially.