08/08/2024

Axenda(s) 2024-2025 imprimibles e interactivas

 Un ano máis estamos aquí...

Non vou estender moito as explicacións; fixen de novo a miña axenda (a que uso, sen artificio vaia... en varios formatos) e ademáis, desta volta engado un pequeno caderno interactivo que empreguei o ano pasado (fixérao rápidamente e non chegara a subilo).



Eu só emprego esto: a axenda impresa e o caderno dixital xunto co mil veces mentado iDoceo onde gardo as cualificacións e esas cousas...

A miña axenda impresa é en formato vertical pero como teño unhas compañeiras moi afeitas á horizontal... volvinlla facer con agarimo tamén en apaisado.

Ademáis, fixen de novo o documento da axenda en interactivo para empregar nos dispositivos quen así o desexe. Deixo o formato .pdf interactivo coas lapelas laterais e superiores (tamén son interactivos os días de cada calendario mensual) e tamén o formato GoodNotes.

Como dixen, o curso pasado fixen para min un pequeno caderno interactivo que non ten nada máis que apartados separados (claustros, equipos, ideas, calendarios...) e follas punteadas que se van insertando; é, coma quen di, un caderno de anotacións dixital un pouco depurado pero é que eu non me adapto moito cos formatos ríxidos que teñen espazo para data, para orde do día... porque, por exemplo, esto último adoito pegalo en imaxe, engado ligazóns... non sei. O caso é que como o volvín facer queda aí tamén por se a alguén lle é de utilidade (tamén deixo o que serían as portadas e follas normais por se alguén as quere imprimir, combinar, o que sexa...)


Así que; se a alguén lle son de utilidade quedan AQUÍ (ou facendo clic na imaxe) todos os arquivos distintos listos para descargar e imprimir (ou empregar directamente no caso das interactivas).


Sen máis, agardo que esteades a desfrutar un bo agosto e que collades folgos e ilusións para setembro. 💙

Saúdos desde a fiestra!

31 comentarios:

  1. Mil gracias por compartir!!!! Buen verano y a disfrutar del próximo curso!!!!

    ResponderEliminar
  2. Muchas gracias por compartir! Qué gran trabajo!

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas por compartir. Encántanme. Saúdos

    ResponderEliminar
  4. Moitísimas gracias por crear e compartir, e ademais en galego. Vaia chulada!

    ResponderEliminar
  5. Gracias miles por tan xeneroso detalle compartindo o teu traballo.

    ResponderEliminar
  6. Como todos os anos, moitas grazas por compartir o teu fermoso traballo. Ademais de útil o deseño é espectacular. A túa axenda é para min tan esperada como as vacacións. Cando chega agosto xa estou a cotío entrando no teu blogue para ver se xa a tés publicada. Grazas de novo, xa que pouca xente comparte tan laborioso traballo. A disfrutar do que queda de verán e orgullosa que tés que estar de que moitos mestres e mestras te levemos connosco ao longo de todo o curso. Mil grazas

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Carai! Moitas grazas por escribir todo eso, foi chulísimo lelo! Alégrame moito se é de utilidade <3 Grazas!

      Eliminar
  7. Ola, moitísimas gracias por compartilas. Un saúdo

    ResponderEliminar
  8. Un ano máis, GRACIAS por compartir. Útil e chulísima

    ResponderEliminar
  9. Moitas grazas por compartir. Como sempre están Xenial. Moi bo traballo e felices vacciónd igualmente.

    ResponderEliminar
  10. Ola Patricia! Escríboche, como todo o mundo, para darche as grazas polas túas axendas e sobre todo por compartir o teu traballo, algo que non fai calquera. Descargo sempre varias pero al final todos os anos a que imprimo é a túa. É taaaaan bonita e tan galega... Eu son unha flipada das ilustracións e as túas téñenme absolutamente namorada. Fas ti as ilustracións??

    ResponderEliminar
  11. Moitas grazas polo teu traballo Patricia. Un ano máis é unha marabilla.

    ResponderEliminar
  12. Moitas grazas unha vez máis por compartir todo este material que tanto traballo ten detrás dunha forma altruista. Somos varios e varias mestres e mestras que cada ano utilizamos a túa axenda. É de moita utilidade e ten todos os apartados necesarios para facer uso directo dela. Un ano máis mil grazas por compartila con todos nós. Bo curso!

    ResponderEliminar
  13. Moitas grazas por compartir o teu marabilloso traballo!

    ResponderEliminar
  14. Isabel Pérez03/09/24, 11:11

    Moitísimas grazas por compartir un traballo tan bonito e profesional.
    A min gustaríame propbar a usar a axenda en Good Notes pero non sei como facer. Hai algun sitio onde expliques isto?
    Moitas grazas por todo

    ResponderEliminar
  15. Grazas por este traballo magnífico que estás a facer.

    ResponderEliminar
  16. Grazas!Imos ir probando para compartir

    ResponderEliminar
  17. Millóns de grazas, isto é un luxo!! Inda por riba en galego e con deseño espectacular!

    ResponderEliminar
  18. Moitas grazas!

    ResponderEliminar
  19. Estimada Patricia:
    Xa é o segundo ano que uso os teus materiais. Alén de útiles, son tan bonitos que me alegran o día.
    Gustaríame pagarchos dalgunha maneira...
    Por que non posibilitas que che fagamos doazóns?
    Agradecida.
    Feliz curso!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Engado: Se, ademais, creases unha "ficha" para cada alumno sería xenial (estou pensando en Secundaria).

      Eliminar
  20. Gracias por compartir

    ResponderEliminar
  21. Estupenda aportación. Moitas grazas pola túa xenerosidade.

    ResponderEliminar