Boas,
Deixo por aquí algúns recursos de entroido por se a alguén lle son de utilidade, hai de diversa tipoloxía e nivel quedan os arquivos cos que só hai que facer clic e descargar cada un (agás o video-ritmograma que queda dispoñible no Youtube), deixarei tamén un arquivo final no que se compilan todos os imprimibles por se queredes descargalo todo xunto.
Xogos plastificables:Por unha banda está o dominó de entroido (ilustración-palabra)
E tamén fixen un xogo de cartas coma o clásico das familias pero relacionado co entroido onde teremos que conseguir reunir ás familias Troula, Larpeira, Paparota, Xuntanza, Leria, Máscara ou á familia Rachada.
Outros plastificables:
Reúno aquí unha serie de recursos para máis cativos/as como son o xogo de sombras (con ou sen palabras), outro de vocabulario de entroido, outro de conteo, un A, B, C... de entroido e finalmente ou recursos de "Robótica sen robot" onde a través dun taboleiro e unhas tiras descubren os camiños polos que nos leva o entroido e poden crear os seus.
Ollo! Os arquivos plastificables levan parte traseira para imprimir a dobre cara, se queres aforrar esa impresión lembra imprimir só as páxinas impares!Enterro da sardiña: mini libro (versión en letra ligada e imprenta) e tamén un documento sobre o testamento do Entroido.
"Vellada": Este ano, na escola na que estou, a través do PDI preparamos a nosa propia vellada de entroido e aquí queda algún material coma o mini libro (tamén en versión maiúsculas, ligada e imprenta) e outros dous documentos.
Recursos para os mandadiños (mini libro, arquivo mediano (nós normalmente facemos que o mandadiño estea escrito e con espazos para completar neste caso; ficha...)
Ademáis deixo aquí un video ritmograma: "As chocas do entroido". Como non desfrutar acompañando con percusións o bater das chocas do entroido? Queda subido ao Youtube para quen goste!
Velai vai, o prometido é debeda se fas clic podes descargar o DOCUMENTO COMPLETO por se alguén prefire telo todo xunto.
Que datas máis divertidas, desde a receita das filloas ata ata a vellada, desde os rituais do triángulo máxico do entroido ata os mandadiños...
Se algo é de utilidade aquí queda, con agarimo.
Saúdos desde a fiestra e bo entroido!