02/04/2025

Modelo de pandeireta 3D

Seguimos na teima cun ano no que as Letras Galegas homenaxean ás cantareiras coma creadoras, transmisoras e gardiás do noso cancioneiro popular e a nosa tradición oral. Bendito ano! E que mellor excusa?

Serei breve, os polos (e galiñas) creativos deixaron nos nosos centros algunhas impresoras 3D e outros artiluxios así que hai unhas semanas estiven a fedellar para crear uns broches para a ocasión coa forma dunha pandeireta ben feita e... por fin, saliu!


A verdade é que quedei contentísima co resultado, non o vou negar, así que vou deixar AQUÍ o modelo do arquivo .stl (sen o nome do meu centro, claro) por se o queredes empregar. 

Unha vez impreso o modelo ao tamaño que desexemos só haberá que pegar o peche para ter uns broches conmemorativos ben feitiños ou mesmo un imán, por exemplo.

(Ah, deixei un modelo .stl tamén sen o texto no parche!)

Esas ferreñas semellan inofensivas pero déronme máis dunha dor de cabeza (claro, a min que non sei nada disto...) Deixo o arquivo en "Thingiverse" porque creo que é a plataforma máis común para a procura e tamén para partillar modelos... non sei.

Ligazón completa: https://www.thingiverse.com/thing:6997712

Por se vos é de utilidade!

Saúdos desde a fiestra!

6 comentarios:

  1. Ola! Entendo que non están feitas nas impresoras que enviaron aos coles, pregunto porque están a dúas cores. Agradezco resposta. Saúdos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Boas, estamos imprimindo cunha impresora que tiñamos no cole antes ca de polos e si, ten un “carriño” para varias bobinas… aínda que o deseño fíxeno pensando en imprimir a unha única cor porque cambiar de cor fai que a impresión tarde bastante máis… entendo que se se quere a dúas cores poderíase poñer esa capa a outra cor cambiando a bobina e logo seguir ou algo así pero non sei se compensa moito ese tempo e traballo… 🤷‍♀️

      Eliminar
  2. Moi chulo... gracias por compartir

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas por compartir. Son chulísimas! Noraboa polo traballo.

    ResponderEliminar
  4. Paréceme unha pasada!!! Moitas grazas por compartir. Vouno dicir no claustro, que nós aínda fixemos a semana pasada o curso da impresora 3D. E para a miña aula, seguro que o fago!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. As ferreñas fixéchelas ti? Parécenme...incribles!!

      Eliminar